Nogueira (Viana do Castelo)


SUB ERA 1239 PETRUS EPISCOPUS TUDENSIS CONSECRAVIT ECCLESIAM IN HONOREM SANCTI CAUDII








Esta igrexa mostra como desde tempos moi antigos estivo humanizada a Ribeira do Lima. Pertence ao mosteiro de São Cláudio de Nogueira. Presenta unha nave rectangular, ampliación da época gótica, a que se lle engade outra máis pequena e máis antiga. Ambos espazos están unidos a súa vez por unha arcada moi interesante por ser un dos exemplos máis antigos do románico do norte de Portugal. A visión dos portais laterais da a sensación de que non foron realizados no seu tempo sendo rematados de forma sinxela, incluso se chega a prescindir das columnas. No tímpano apenas se aprecian dous animais. A incrición da dereita recorda que foi sagrada polo bispo D. Pedro de Tui.





1 comentario:

Anónimo dijo...

Grande, he encontrado lo que he estado buscando