ORADA (Melgaço) Portugal


A igrexa da Nª Srª da Orada atópase en Melgaço e resulta moi fácil de localizar e ver por estar diante mesmo da estrada N 202. Ao parecer relacionábase coas necesidades agrícolas coma o sol ou a auga segundo documenta Carlos Alberto Ferreira de Almeida. O seu nome de Orada ven precisamente de ahí, de ser un lugar no que se ora. Presenta uns contrafortes que lle dan un marcado aspecto robusto.




Árbore da Vida


E moi curioso o seu portal norte no que mostra un relevo coa Árbore da Vida que ten a un lado unha harpía e o outro lado un animal que parece un león. Na portada principal non hai tímpano e presenta medallóns e columnas estreitas con capiteis decorados con follas. A súa forma lixeiramente apuntada fai que falemos dun portal xa protogótico. Na escultura esculpida no seu exterior podemos ver cabezas, obxetos e elementos xeométricos.




RUBIÃES (Paredes de Coura) Portugal

Portal occidental mostrando a Anunciación

A igrexa románica de Rubiães en Paredes de Coura na Idade Media era lugar de paso obrigado para os peregrinos que se dirixían a Santiago de Compostela. Camiño medieval que a súa vez discurría pola calzada romana que ía de Astorga a Braga. A igrexa e obra principal do século XIII e sufriu modificacións co paso do tempo xa que o seu tamaño era moito máis pequeno o que levou a necesidade de aumentar o seu espazo no século XVI coa sorte de que a súa capela maior foi refeita de novo con todos os seus elementos. Máis desafortunada foi a construcción dunha torre campanario moito tempo despois no lado esquerdo da fachada e que desentona visiblemente co conxunto.




A portada principal presenta tres columnas a cada lado das que arrancan tres arquivoltas. Vemos dúas esculturas que se corresponden con S. Gabriel a esquerda e a Virxe a dereita xa bastante deterioradas e que mostan a Anunciación. O tímpano foi obxeto dunha recente restauración ao fender o anterior, actuación que tampouco foi moi acertada.




PADERNE (Melgaço) Portugal

A igrexa de Paderne mostra un portal no brazo norte



Pórtico Occidental


As formas presentan caracteres protogóticos

A igrexa de S. Salvador de Paderne e moi interesante xa que garda relación estética co certos detalles do románico de Ourense. En comparación con outras igrexas do Miño portugués pódese dicir que nos atopamos na etapa final do románico e que podemos falar xa de protogótico. Ao parecer xa en 1130 habería unha primeira igrexa pertencente a un mosteiro de monxas e do cal poidera ser testigo un relevo calcáreo que podemos ver ao lado norte do transepto.



Relevo calcáreo indicativo dunha construcción anterior

Polo demáis, todo o que hoxe podemos ver sitúase na metade do século XIII. Presenta no transepto norte un portal como o que podemos ver tamén en Santa Cristina de Ribas de Sil aínda que neste caso o seu tamaño é enorme, comparable ao portal principal da igrexa e fainos pensar que a súa entrada daría acceso a unha capela importante.



Pórtico do brazo norte

Si observamos os seus capiteis vexetais comprenderemos que corresponden xa a unha época que camiña lentamente hacia o estilo gótico. O mesmo acontece no interior onde so un capitel é historiado. O seu portal principal tamén mostra esa evolución protogótica con decoración vexetal. Os pequeños arquiños da arcada exterior gardan un gran parecido cos que se poden ver na catedral de Ourense. En xeral toda a decoración perdeu moito en volume en relación co que se pode ver noutras igrexas románicas miñotas de épocas anteriores como Sanfins ou Longos Vales.



Único capitel historiado


Capiteis de inspiración vexetal

LONGOS VALES (Monçao) Portugal




A igrexa conserva na súa cabeceira unhas das capelas románicas máis interesantes do Miño. Nos seus capiteis abondan os temas animalescos e humanos: bichas mouras, animais loitando, cabezas de touros etc. Como podemos observar repite as mesmas esculturas que xa vimos en Sanfins só que neste caso teñen un volume máis marcado. É moi posible que os mesmos artistas de Sanfins traballasen neste lugar.

Como chegar

Para chegar a Longos Vales é moi sinxelo xa que se atopa moi perto de Monçao. Tomando como referencia esta poboación e indo en dirección a Melgaço vese o letreiro na estrada N 202 ao pouco de deixar Monçao. Logo restan uns 3 km escasos.

SANFINS DE FRIESTAS (Valença) Portugal


A igrexa de Sanfins de Friestas pertence ao interesante grupo de igrexas románicas, moito máis frecuentes cando máis o norte de Portugal, que con frecuencia aparecen asociadas a pequenas comunidades monásticas, como é este caso, onde aínda se poden ver as ruinas do que foron as antigas construccións do S.XVIII. Estas igrexas mostran unha grande sobriedade e simplicidade.
Presentan temas figurativos relacionados coa loita entre o ben e o mal e os vicios e as virtudes cun caracter moralizante. Todas estas esculturas que podemos ver en Sanfins e noutras igrexas da ribeira do Miño portuguesa son modelos esencialmente orixinarios de Galicia xa que dependeron da diócese de Tui ata 1378. Na idade moderna, en palabras de Carlos Alberto Ferreira de Almeida que tanto tempo adicou a estudialas, toda esta zona coñeceu unha forte desgaleguización.

Como chegar
Considero moi interesante a súa visita non só pola igrexa e o mosteiro en sí senon polo entorno natural no que se atopa. Dado que non é facil chegar darei unhas indicacións coas que non haberá perda. Podemos sair do concello de Valença pola EN 101 en dirección a Monçao (km 8) ou tamén de Monçao a Valença (km 11). Unha vez que chegamos a Friestas debemos tomar no cruce a dirección que indican os letreiros de Boivao e Gondomil. Un pouco máis adiante atopamos outro letreiro que pon Sanfins polo que subimos por esa estrada ata atopar outro letreiro pequeno nunha parede que dí "Convento". Seguindo nesa dirección un kilometro escaso chégase a unha explanda desde a que xa se divisa o conxunto en onde podemos deixar o coche e ir a pe ou ben seguir no coche ata alí mesmo.


BRAVÃES (Ponte da Barca) Portugal

S. Salvador de Bravaes (Ponte da Barca)

A igrexa de S. Salvador de Bravães é posiblemente a construcción románica máis emblemática de Portugal. Estímase que foi comenzada a súa edificación en 1080. Ao parecer dispuña dunha torre xa desaparecida como desaparecido está o seu claustro lateral sur desde 1876 ano no que se abre a estrada entre Ponte de Lima e Ponte da Barca ao seu carón e que arrasou con pouco que quedaba. Presenta unha única nave a que se engade unha capela maior cubertas ambas con teito de madeira. A portada principal enmárcase nun macizo cuadrangular nunca visto nesta área pero si frecuente na zona de Braga.







Este portal é un elemento moi destacable no románico portugués. O igual que acontece en Rubiães, nos fustes presentan a Anunciación con caracteres protogóticos e cal fálanos de que estamos a finais do século XIII. Nunha primeira fase da construcción incorpora elementos románicos autóctonos e nunha segunda fase aproxímase a influencia da catedral de Tui. Bravães e, polo tanto, un magnífico exemplo da fusión das correntes artísticas rexionais.


Aves carnívoras xeminadas nun capitel
Portal sur inacabado