PADERNE (Melgaço) Portugal

A igrexa de Paderne mostra un portal no brazo norte



Pórtico Occidental


As formas presentan caracteres protogóticos

A igrexa de S. Salvador de Paderne e moi interesante xa que garda relación estética co certos detalles do románico de Ourense. En comparación con outras igrexas do Miño portugués pódese dicir que nos atopamos na etapa final do románico e que podemos falar xa de protogótico. Ao parecer xa en 1130 habería unha primeira igrexa pertencente a un mosteiro de monxas e do cal poidera ser testigo un relevo calcáreo que podemos ver ao lado norte do transepto.



Relevo calcáreo indicativo dunha construcción anterior

Polo demáis, todo o que hoxe podemos ver sitúase na metade do século XIII. Presenta no transepto norte un portal como o que podemos ver tamén en Santa Cristina de Ribas de Sil aínda que neste caso o seu tamaño é enorme, comparable ao portal principal da igrexa e fainos pensar que a súa entrada daría acceso a unha capela importante.



Pórtico do brazo norte

Si observamos os seus capiteis vexetais comprenderemos que corresponden xa a unha época que camiña lentamente hacia o estilo gótico. O mesmo acontece no interior onde so un capitel é historiado. O seu portal principal tamén mostra esa evolución protogótica con decoración vexetal. Os pequeños arquiños da arcada exterior gardan un gran parecido cos que se poden ver na catedral de Ourense. En xeral toda a decoración perdeu moito en volume en relación co que se pode ver noutras igrexas románicas miñotas de épocas anteriores como Sanfins ou Longos Vales.



Único capitel historiado


Capiteis de inspiración vexetal

No hay comentarios: