Castro de Avelãs (Bragança)










A arquitectura románica transmontana garda unha estreita relación coa influencia leonesa debido a súa localización xeográfica. Proba desta influencia é o mesmo idioma mirandés. Moitas destas terras pertenceron ao mosteiro de Moreruela en Zamora. A igrexa formaba conxunto cun importante mosteiro que tivo gran importacia na economía da zona ata ben avanzada a Idade Media. Atópase incompleta e presenta un románico mudexar emparentado co que podemos ver en localidades como Toro ou Valladolid. En Portugal prácticamente é un exemplo único. Na actualidade só podemos ver a súa cabeceira con tres capelas semicirculares así como unha das torres na fachada. Fica claro que a intencíón foi facer unha igrexa con tres naves e posiblemente dúas torres na fachada. Este proxecto nunca foi terminado. A súa decoración está basada en elementos mudéxares tales como as arcadas e ventás cegas, presentando os típicos dentes de serra nos frisos. Afonso Henriques foi o seu protector.
Como chegar.-
Probei dous itinerarios partindo da A-52. Un desde Puebla de Sanabria e outro desde A Mezquita. Debemos escoller este último que vai de A Mezquita ata Vinhais e logo ata Bragança porla N 103 e desbotar sen dúbida algunha o outro polo mal trazado da estrada. Unha vez que entramos nas primeiras rúas de Bragança xa vemos o letreiro que nos indica esta igrexa.