Sta María de Gomariz (Leiro, Ourense)








Seguindo por terras de Leiro chegamos moi cerca a Gomariz donde xa podemos ver a súa igrexa desde lonxe na estrada que vai para O Carballiño. Tras deixar o coche e camiñar moi poucos metros por unha pequena costa entre vellas casas do pobo e subir por unhas escaleiras en pedra temos diante esta fermosa igrexa. Primeiro observamos a súa fachada atentamente e podemos ver os seus dous contrafortes que enmarcan a portada xa lixeiramente apuntada, indicándonos que estamos na segunda metade do século XII. Na portada vemos que está formada por dúas arquivoltas e que por riba hay un pequeno tejaroz que a súa vez divide a fachada en dúas partes. Observamos tamén os fermosos capiteis e columnas. Feito esto procedemos a percorrela no seu perímetro decatándonos que presenta nave única a que se lle engade un ábside rectangular no que se abre unha fermosa ventá. Feito esto procedemos a continuar o noso percorrido atopándonos cunha sorpresa ben triste. Non se sabe por qué nin por qué non pero alguén permitiu a construcción dun moderno cemiterio ao seu carón deixando un paso moi estreito que altera de forma notable o conxunto da igrexa. Mostra da pouca sensibilidade que temos co noso patrimonio e da falta de medidas efectivas que impidan semellantes desatinos.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Bo traballo, agas que non miraches á casa parroquial do lado, que ten contrafortes, canzorros o canecillos, e unha entrada semicircular con mochetas.

Tes algunhas imaxes delo no meu blog.