São Vicente da Chã (Montalegre) Portugal













Esta igrexa románica de São Vicente da Chã pertence aos séculos X-XI e atópase cerca de Montalegre (Vila Real). Mostra dúas partes ben diferenciadas, unha plenamente románica e outra xa neoclásica froito dunha ampliación levada a cabo posiblemente no S. XVIII. Ten planta lonxitudinal e dúas naves, algo pouco frecuente en Portugal nesta tipoloxía de construccións. Na súa fachada principal presenta unha portada con arco de medio punto con arquivoltas esculpidas sobre impostas. Percorre parte do seu perímetro un friso con apoios cunha decoración contida.





No hay comentarios: