Domus Municipalis de Bragança







O Domus Municipalis de Bragança en un magnífico exemplo de arquitectura civil. En xeral é moi pouco conhecida a arquitectura civil de esta época primando a obra relixiosa. A inclusión desta obra dentro do período románico debe ser feita con moita cautela por ter sido realizada xa en época gótica. En Portugal tódolos edificios con funcións municipais son góticos. O Domus Municipalis reflexa a importancia que tiveron as cidades portuguesas entre os séculos XII e XIII. Aséntase nun lugar irregular polo que presenta cinco fachadas. Consta dunha planta baixa que serve de alxibe mentras a superior recorda as salas capitulares dos conventos e mostra unha cuberta de madeira. Os muros presentan unha fila de trinta e oito ventás e son recorridos por un banco de pedra.


No hay comentarios: