Arco de Panxón (Pontevedra)





Na localidade de Panxón, parroquia do concello de Nigrán, atópase un interesante arco de ferradura de grandes dimensións que pertenceu a unha igrexa do século VII. Dito arco estivo durante moito tempo oculto tras una capa de cal e só en 1926 foi redescuberto por mor das obras que se estaban a realizar coa igrexa votiva que Antonio Palacios proxectaba ao seu carón. Precisamente foi Palacios o seu maior defensor ao solicitar que dito arco se mantivese en pé pola súa importancia histórica como testemuña da arte prerrománica. O arco presenta dovelas de boa factura si ben o resto das pedras son de cachotería de baixa calidade. Apoia sobre dúas columnas lisas rematadas en capiteis con dúas filas de follas de acanto as que se engaden motivos xeométricos. Polos restos que podemos ver é fácil intuir que había un ábside rectangular, elemento típico do prerrománico, coma podemos ver tamén en Santa Comba de Bande (Ourense) antes de pasar séculos máis tarde a ser semicirculares. Foi declarada Monumento Nacional en 1964.

No hay comentarios: