San Miguel de Eiré atópase no concello de Ferreira de Pantón (Lugo). Nos inicios do S.XII foi fundado neste lugar un cenobio benedictino do que só se conserva esta igrexa. Mostra unha torre campanario que a singulariza. Ten unha nave con abside semicircular ao que antecede un tramo recto. Entre a nave e o ábisde colócase outra nave transversal sobre a que ergue a torre e que presenta ventás nas catro caras. A portada máis fermosa está na fachada Norte con un arco de medio punto e interesante decoración. Presenta unha gran diversidade de elementos xeométricos e zoomórficos na súa escultura. Fai unha especial incidencia nas esceas apocalípticas que tanto atemorizaron na Idade Media.