San Pedro de Rocas (Ourense)

Estas arcadas poderían pertencer a unha remodelación no século IX ou X



San Pedro de Rocas atópase no concello de Esgos a non moitos kilómetros da cidade de Ourense. Emblemática igrexa da Ribeira Sacra é un magnífico exemplo da incidencia dos suevos en Galicia. A vida cristiá, na segunda metade do século VI, mostrábase moi unida coa aparición de cenobios rupestres en núcleos rurais ou alonxados. A paisaxe na que se asenta non pode ser máis idonea para a vida cenobítica. Nestas construccións non hai a intención de lograr unha edificación articulada. Só se pretende a creación de espazos illados, de covas, válidas para este tipo de vida. Hoxendía resulta moi difícil sinalar as súas diferentes etapas constructivas. Coñécese por un privilexio de 1007, otorgado por Alfonso V, no que se alude a renovación da vida relixiosa neste lugar en tempos de Alfonso III. Mencionase a un tal "Gemodus" como impulsor da reinstauración desa vida relixiosa. Posiblemente ese proceso levara implícita a remodelación da antiga construcción. Falaríamos entón dunha reforma no século IX ou xa no século X. Quizáis a ese momento pertenzan as arcadas situadas na parede das capelas laterais. Por último, na visita a Rocas debe un deterse na mesa do altar do século VI. Presenta arcos dobres en ferradura en cada unha das súas frontes. Como non se entende ben esta peza no século VI o máis probable e que a finais do século IX fora enriquecida a súa ornamentación.

No hay comentarios: