Portada Norte
Portada Sur
Atópase esta interesante igrexa rómanica de San Pedro no concello de A Merca moi cerca xa da cidade de Ourense.
Sábese que existía no ano 986 por un documento que a cita. Polo tanto a súa orixe é claramente románica de finais de s. XII. Declarado monumento histórico-artístico en 1931.Igrexa dunha soa nave e ábsida semicircular; arco triunfal apuntado, sobre semicolumnas pegadas. A ábsida está cuberta primeiro con bóveda de nervaduras, e logo con casca ou cuarto de esfera sobre nervios radiais, datadas no s. XIII; tanto nos tres vans, como nos alzados laterais, ten ventás de arcos semicirculares sobre columnas.
A fachada presenta unha portada de arquivoltas lixeiramente apuntadas e decoradas xeometricamente, que descansan sobre columnas con capiteis de decoración variada. O tímpano está ilustrado e na parte alta da fachada disponse unha ventá con arco de medio punto axedrezado, e un pequeno rosetón decorado con motivos florais. Ademais tamén destacan un interesante conxunto de relevos, e as portas laterais, cunha delicada decoración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario