SANFINS DE FRIESTAS (Valença) Portugal


A igrexa de Sanfins de Friestas pertence ao interesante grupo de igrexas románicas, moito máis frecuentes cando máis o norte de Portugal, que con frecuencia aparecen asociadas a pequenas comunidades monásticas, como é este caso, onde aínda se poden ver as ruinas do que foron as antigas construccións do S.XVIII. Estas igrexas mostran unha grande sobriedade e simplicidade.
Presentan temas figurativos relacionados coa loita entre o ben e o mal e os vicios e as virtudes cun caracter moralizante. Todas estas esculturas que podemos ver en Sanfins e noutras igrexas da ribeira do Miño portuguesa son modelos esencialmente orixinarios de Galicia xa que dependeron da diócese de Tui ata 1378. Na idade moderna, en palabras de Carlos Alberto Ferreira de Almeida que tanto tempo adicou a estudialas, toda esta zona coñeceu unha forte desgaleguización.

Como chegar
Considero moi interesante a súa visita non só pola igrexa e o mosteiro en sí senon polo entorno natural no que se atopa. Dado que non é facil chegar darei unhas indicacións coas que non haberá perda. Podemos sair do concello de Valença pola EN 101 en dirección a Monçao (km 8) ou tamén de Monçao a Valença (km 11). Unha vez que chegamos a Friestas debemos tomar no cruce a dirección que indican os letreiros de Boivao e Gondomil. Un pouco máis adiante atopamos outro letreiro que pon Sanfins polo que subimos por esa estrada ata atopar outro letreiro pequeno nunha parede que dí "Convento". Seguindo nesa dirección un kilometro escaso chégase a unha explanda desde a que xa se divisa o conxunto en onde podemos deixar o coche e ir a pe ou ben seguir no coche ata alí mesmo.


1 comentario:

Euclides do Paco . dijo...

Eu conheco esse sitio muito bem .eu vivi la com os meus avos ainda hoje tenho familia nessa area
Em verdoejo em friestas em eiras
E em lordelo.