S. Xulián de Astureses (Boborás, Ourense)







Portada Norte


Esta igrexa do concello de Boborás data de 1164 segundo unha inscrición detrás do retábulo principal. A súa planta é de cruz latina de nave única con contrafortes que saen pouco ao exterior polo que dan a impresión de ser piares. A cabeceira mostra tres ábsides con decoración vexetal, animal e xeométrica. Os animais dos canzorros teñen libros, instrumentos musicais etc. A portada principal ten unha triple arquivolta con tres pares de columnas con capiteis con decoracións vexetais e un deles con un par de pombas enfrontadas. O seu tímpano mostra unha Cruz Patriarcal nun circulo sobre a clave. Toda ela está enmarcada por dous contrafortes ao estilo doutras que xa vimos como a Orada en Melgaço ou San Pedro de A Mezquita tamén en Ourense. Por riba da portada érguese un tejaroz apoiado sobre cinco canzorros. A porta norte é alta e estreita con un tímpano apoiado sobre mochetas lisas. O seu arco é de medio punto con decoración vexetal e xeométrica. Toda a igrexa mostra unha incipiente transición ao gótico. No seu interior ten un teito de madeira a dúas augas en substitución dunha bóveda de medio canón. Presenta así mesmo un arco triunfal con baquetón e faixa axedrezada.

Sin moita fundamentación foi esta igrexa relacionada coa orde do Temple cando en realidade coa que estivo relacionada foi coa Orde do Santo Sepulcro. Na metade do século XV estivo a fronte dunha importante Encomenda pero ao desaparecer esta última orde pasou a depender da Encomenda de Pazos de Arenteiro. É monumento histórico artístico desde 1946.

Santo Tomé Vello de Maside (Ourense)




Apreciase no capitel exterior a figura dun lobo apresando a unha ovella

"Ventá absidal de arco redondo con catro arquivoltas de touro e escocia a máis interior, funiculada a seguinte sobre a que vai outra de arquiños e albergando o conxunto un arco de fino abilletado" (Revista Raigame nº 16, 2002)

Esta igrexa atópase apartando uns escasos centos de metros na estrada que vai hacia o Carballiño a altura do concello de Maside. É unha igrexa románica datada no século XII, dunha soa nave de pequenas proporcións. Ten ábside rectangular e teito a dúas augas. A súa portada principal mostra unha decoración contida con capiteis representando animais pareados ou un lobo apresando a unha ovella. Maior interés ten o ábside que recolle un arco redondo con molduración taqueada baixo un tejaroz sostido por canzorros con metopas decoradas. Uns dos capiteis mostra unha serea antiga con busto de muller e corpo de ave. A outra columna é salomónica e ten un home barbado e con ás.

No seu interior hai un capitel moi interesante que mostra a unha árbore e dezaseis pombas que picotean os foitos que ofrece. Este capitel do arco triunfal narra unha historia moi curiosa e frecuente no Bestiario medieveal cunha forte lección moral.

Santa Maria dos Anjos (Valença)






Esta igrexa foi aberta ao culto, segundo unha inscrición, en 1276. Presenta uns interesantes canecillos e as metopas mostran grandes similitudes coas que podemos observar na capela da Orada, de inspiración galega pois dependían da diocese de Tui. Ao lado da cabeceira levántase unha capela funeraria de 1520 e que mostra o revivalismo románico dos cachorros de caras. Atópase esta igrexa dentro da fortaleza de Valença.

B I B L I O G R A F Í A




















El Románico. Historia Ilustrada de las Formas Artísticas. Alianza Editorial



Este libro pertence a colección da Historia Ilustrada de las Formas Artísticas e forma o volume 7. Trata de facer un resume visual rápido do románico en Europa polo que as imaxes non son fotografías senón debuxos. Os autores son membros do Museo do Louvre. Abarca a arquitectura, escultura, pintura e artes suntuarias. E un libro moi manexable e as ilustracións son de boa calidade. Atópse na serie libro de bolsillo de Alianza Editorial nº 1105.






El Prerrománico en Europa. Historia del Arte. Historia 16. Isidro G. Bango. 1989


El Arte Románico. Historia del Arte. Historia 16. Isidro G. Bango. 1989


Da man do catedrático de Historia da Arte Medieval da Universidade Autónoma de Madrid a revista Historia 16 realizou dos volumes interesantes como introducción bastante completa. Mostra boas ilustracións a cores, cronoloxía e ficheiro de obras-chave comentadas.