San Pedro de Rocas (Ourense)

Estas arcadas poderían pertencer a unha remodelación no século IX ou X



San Pedro de Rocas atópase no concello de Esgos a non moitos kilómetros da cidade de Ourense. Emblemática igrexa da Ribeira Sacra é un magnífico exemplo da incidencia dos suevos en Galicia. A vida cristiá, na segunda metade do século VI, mostrábase moi unida coa aparición de cenobios rupestres en núcleos rurais ou alonxados. A paisaxe na que se asenta non pode ser máis idonea para a vida cenobítica. Nestas construccións non hai a intención de lograr unha edificación articulada. Só se pretende a creación de espazos illados, de covas, válidas para este tipo de vida. Hoxendía resulta moi difícil sinalar as súas diferentes etapas constructivas. Coñécese por un privilexio de 1007, otorgado por Alfonso V, no que se alude a renovación da vida relixiosa neste lugar en tempos de Alfonso III. Mencionase a un tal "Gemodus" como impulsor da reinstauración desa vida relixiosa. Posiblemente ese proceso levara implícita a remodelación da antiga construcción. Falaríamos entón dunha reforma no século IX ou xa no século X. Quizáis a ese momento pertenzan as arcadas situadas na parede das capelas laterais. Por último, na visita a Rocas debe un deterse na mesa do altar do século VI. Presenta arcos dobres en ferradura en cada unha das súas frontes. Como non se entende ben esta peza no século VI o máis probable e que a finais do século IX fora enriquecida a súa ornamentación.

Sta Comba de Bande (Ourense)

O edificio é unha suma de volúmenes formados por espazos de planta cuadrada ou rectangular que se ensamblan uníndose nun ángulo.


"Esta capilla fundo y doto Caspar Rodriguez devoto abbad de Santa Comba". Indica unha reforma levada a cabo na época moderna por un cura da parroquia.

Pinturas do século XVI
Atopo enormemente interesantes estas columnas sobre as que apoia un arco de ferradura de fermosa factura. A súa concepción é clásica pero tanto a imposta, a moldura e o capitel son mozárabes. Un criterio moi válido para poder afirmar esto é o feito de que hacia finais de século IX e inicio do X os árabes deixaran de tratar os nervos das follas de forma naturalista para facer un tratamento máis esquemático algo que é claramente visible nas follas que mostran estos capiteis.


Bóveda de aristas capialzada con aparello irregular segundo a técnica constructiva romana



A igrexa de Santa Comba de Bande é unha xoia da arquitectura visigoda. Para comprender o seu significado faise preciso ter en conta as sucesivas resturacións ás que foi sometida entre as que destaca a levada a cabo no século IX. Nos tempos visigódos tiña planta de cruz grega prolongada no se brazo leste-oeste por unha capela maior e un pórtico. Posuía tamén cámaras anexas para axudar a organizar a vida en comunidade. Estas cámaras anexas teñen a súa entrada desde o cruceiro e a nave. Pero no conxunto da obra visigoda debemos ter en conta a presencia de elementos anteriores entre os que destacan os capiteis localizados debaixo do arco de ferradura que dá entrada ao presbiterio. Na bóveda de aristas capialzada que cubre o centro do cruceiro séguese aínda unha técnica constructiva romana. Na irregularidade coa que se dispón parte do aparello pode atoparse unha pegada desa remodelación dos séculos IX-X. E posible que na época visigoda houbera unha maior luminosidade dentro da igrexa pero as reformas puideron reducir o espazo dos adicado aos vanos.







San Fiz de Cangas (Pantón, Lugo)


Portada con dezasete rosetas e leóns nas impostas como animais gardiáns. O tímpano parece proceder da estela dunha tumba prerrománica. Presenta dous cadrados que suman oito lados, simbolo da perfección. Por riba está unha cruz grega custodiada polo Sol e a Lúa.

















A igrexa de San Fiz de Cangas atopámola no concello de Ferreira de Pantón (Lugo). Os súa orixe é visigótica pero acada a súa maior importancia cando no s.XII pasa a formar parte dun mosteiro de monxas benedictinas. No s.XVII foi anexionado ao mosteiro de San Paio de Antealtares (Santiago). Trátase dunha igrexa de unha soa nave con tres ábsides nos que hay outra nave transversal. Actualmente vémola moi alterada por sucesivas construccións sendo as do s.XVII as que máis lle afectaron. Podemos observar nela canecillos que ornamentan os ábsides con diversos motivos: elementos esféricos, unha figura fálica, cans, un becerro, racimos de uvas etc, todos con unha gran carga simbólica. A porta norte mostra unha cruz trebolada, símbolo unificador do ceo e a terra. No interior destaca a decoración taqueada. Podemos tamén ver como as bóvedas persentan xa caracteres protogóticos. Diversos capiteis mostran racimos (parecen piñas e son doce polos doce apóstolos), gatos mirando a unha serpe, cunchas (polo Camiño de Santiago). Tamén hai unhas pinturas que parecen alusivas ao martirio de S. Sebastián.




San Miguel de Eiré (Pantón. Lugo)





Ventá na fachada oeste


Torre campanario


Os evanxelistas Marcos, representado como boi, e Lucas como león.


Porta da fachada Norte con once rosaceas e seis círculos entrelazados que simbolizan a perfección. A primeira arquivolta ten nas estrías elementos esféricos que representan o grao do pan e a uva dos racimos.


Pila bautismal con cordas que simbolizan o movemento da auga. No centro mostra motivos cruciformes.
Pinturas do S.XVI


Leona en celo disputada por dous leóns que a collen polas patas. Indica que non se debe disputar a muller do próximo.


San Miguel de Eiré atópase no concello de Ferreira de Pantón (Lugo). Nos inicios do S.XII foi fundado neste lugar un cenobio benedictino do que só se conserva esta igrexa. Mostra unha torre campanario que a singulariza. Ten unha nave con abside semicircular ao que antecede un tramo recto. Entre a nave e o ábisde colócase outra nave transversal sobre a que ergue a torre e que presenta ventás nas catro caras. A portada máis fermosa está na fachada Norte con un arco de medio punto e interesante decoración. Presenta unha gran diversidade de elementos xeométricos e zoomórficos na súa escultura. Fai unha especial incidencia nas esceas apocalípticas que tanto atemorizaron na Idade Media.

Santa María de Ferreira de Pantón (Lugo)








Sabemos que a igrexa de Santa María de Ferreira de Pantón (Lugo) é unha obra anterior a 1175 xa que nesa data pasou a mans cistercienses e non houberan consentido toda a ornamentación que mostra. Presenta unha nave con ábside semicircular ao que antecede un tramo recto. Podemos ver grandes ventás con arquivoltas molduradas e columnas que chegan ata o alero desde un zócalo alto. A escultura é principalmente zoomórfica mesturándose os animais con figuras humanas en posturas grotescas. Os animais con frecuencia están enfrontados e os seus corpos rematan nunha única cabeza. Outros animais cruzanse ou superpóñense e sempre mostran vigorosos corpos. Tamén mostra canecillos, impostas, arcos axedrezados e decoración floral. Os capiteis das ventás só teñen motivos vexetais.