Oratorio de S. Miguel (Celanova) Ourense








Modillóns no alero de orixe califal





Arco de ferradura baixo alfiz




O oratorio de San Miguel en Celanova (Ourense) é coma unha igrexa de tamaño reducido que sería empregada para acoller aos monxes peregrinos. Foi mandada construir por San Rosendo hacia o ano 940 e na actualidade representa o edificio mozárabe mellor conservado. A súa arquitectura ten relación cos modelos califais que eran interpretados libremente nesta área cristiá. Podemos observar como o tellado do corpo central presenta modillóns no seu alero, sistema moi empregado na Córdoba dos califas. Estos ornamentos foran traidos polos artistas que vivían en Andalucía. Mostran motivos xeométricos. Son modillóns con lóbulos que rematan cun gran disco no seu extremo. O oratorio no seu interior ten arcos de ferradura, un deles enmarcado dentro dun alfiz. Hai restos de azulexos daquela época e tamen podemos observar unha fermosa bóveda de crucería.












S. Pedro de Ramirás (Ourense)










Desde Celanova en dirección a Cortegada (OU 531) chegamos, unha vez recorridos uns dez kilómetros, a localidade de Picouto desde donde tomamos dirección a Freas de Eirás. Desde lonxe xa podemos vislumbrar a súa destacada silueta e en apenas tres kilómetros máis chegamos a súa porta. Atopámola en bó estado froito dun recente traballo de conservación. O primero que nos chama a atención e o seu tamaño, bastante máis grande do que estamos habituados a ver neste tipo de igrexas románicas. A razón radica na súa planta basilical dividida en tres naves das que sobresae a central. Tamén nos chamará a atención nesta igrexa do século X o feito de que a nave central se atope iluminada por ventás situadas nas naves laterais. En xeral a igrexa ten moitos rasgos protogóticos como podemos adiviñar nos numerosos arcos apuntados que podemos ver tanto en portadas como nos arcos formeiros do interior. A fachada principal mostra un rosetón tamén acollido baixo un arco apuntado e unha portada entre dous contrafortes, esta sí, con arquivoltas semicirculares que descansan en columnas. Todos son lisos menos o exterior que é axedrezado. No testeiro aparecen tres absides semicirculares sendo o central máis alto. Todas as ventás dos absides son de estructura semellante.

Nª Sra. da Azinheira (Chaves)











Está igrexa atópase na localidade de Outeiro Seco, mesmo a entrada de Chaves. Ben conservada, foi obxeto dunha acertada restauración que a devolveu o seu probable estado orixinal xa que no século XIX sufriu modificacións ao engadirlle un campanario e un pórtico que foron eliminados. No seu interior mostra restos de pinturas de época posterior e outras foron levadas para o Museo de Guimaraes. A súa estructura e moi sinxela sendo o máis destacable o seu portal con dúas columnas e arcos de medio punto con apariencia xa máis ben protogótica polo que podemos situala nos mediados do século XIII. Son destacar o conxunto de canecillos moi numerosos e que na súa maior parte representan cabezas humanas intercaladas entre outras de animais menores en número. Ditas cabezas recordan as que poden verse la igrexa de Santa Mª dos Anjos en Valença.

Catedral de Braga





Porta do Sol


Portal principal

Absidiolo Norte


A Catedral de Braga, a pesar de non destacar arquitectónicamente, presenta temas tanto constructivos como decorativos que permiten comprender mellor todo o románico do Norte de Portugal. Os distintos cambios que sufriu esta catedral dificultan hoxe facer un seguimento da súa edificación. Descoñecemos as estructuras arquitectónicas orixinais de cando foi erguida pero pénsase que debía ter moitas características prerrománicas. A Porta do Sol contén un resumo das formas románicas extendidas por toda a rexión. É moi probable que esta porta se corresponda coa última fase na que foi construida esta catedral hacia finais do século XII. Tempo ao que tamén corresponde o seu portal principal.

S. Frutuoso de Montélios (Braga)

Exterior con frontóns e arcos cegos semicirculares e angulares

Capela-mausoleo de S. Frutuoso (Braga)


Capela de Gala Placidia en Ravena coa que S. Frutuoso garda
un interesante parecido no seu exterior


Planta de S. Frutuoso en cruz grega coas catro capelas.




Espazo cuadrangular central cuberto por unha torre con
cúpula hemiesférica


Os motivos dos capiteis continúan no friso labrado
en pedra calcárea de Ança (Coimbra)

Arquería de influencia bizantina


A cada capela accédese por tres vanos sobre arquerías
que descansan sobre dúas columnas.

Interior de S. Vital de Rávena con que mantén
unha clara influencia

A igrexa de S. Frutuoso é o edificio máis bizantino de toda a Península Ibérica. Mostra planta centralizada e foi levantada hacia o ano 660 para ser enterrado aquí dito santo que foi bispo de Braga. Estamos fronte a un mausoleo ou capela funeraria único. Ao erguerse ó seu carón o mosteiro de S. Francisco, esta capela ficou emparedada e olvidada. Só en 1897 foi redescuberta polo arquitecto revivalista Ernesto Korrodi e motivo de gran discusión a súa restauración nos anos 30 do século XX nas mans de Joao de Moura Coutinho. Foi declarada Monumento Nacional en 1944. Sen dúbida unha visita imprescindible.


A orixe desta construcción débese o costume de construir mosteiros para sepultar os bispos. Así se fixo para S. Frutuoso que intuindo o próximo fin da súa vida, él mesmo mandaría levantar este que logo albergaría a súas reliquias. O seu espazo atopábase organizado con arquerías e baldaquinos nas ábsides, algo moi característico da Reconquista cando as igrexas eran máis pechadas e con espazos complexos donde había un centro que organizaba ós demáis. Estamos polo tanto ante un magnífico exemplo de arquitectura-baldaquino frecuente nesa época.



Empezando a visita polo exterior vemos frontóns e unha torre central donde as cornisas, ornamentos e arcos cegos presenta un aspecto clásico e bizantino. Á nosa memoria veñen rápido as Fons Vitae e os salterios bizantinos. Polo tanto podemos encadrar este mausoleo na primeira parte da arte mozárabe (entre o emirato cordobés da 2ª metade do S. IX e a arte post-carolingia e asturiana). Non obstante aínda non coñecemos ben máis datos deste edificio no que excavacións arqueolóxicas poderían axudar. No S. XVIII sufriu fortes transformacións ao perder os baldaquinos das ábsides. Na actualidade esta refeito por unha restauración levada a cabo desde 1931 que por sorte non chegou a afectar ao seu interior. Coñecemos como era pola descrición que aparece na "Geografía de Entre Douro e Minho" de mediados do S. XVI. No exterior tamén podemos ver arcos cegos de pouca profundidade, uns en semicírculo e outros angulares. Todas as paredes, antes do remate da cornisa, mostran friso en pedra de Ança con secuencias de palmetas clásicas. Nas cornisas dominan molduras de longa escocia segundo o gosto mozárabe. Os brazos rematan en frontóns. A súa torre presenta catro caras cun largo rectángulo fundido no alineamento das ventás. Mostra doce pequenos arcos, uns de ferradura e outros en ángulo. Faltan aquí os correspondentes columnelos que foi un tema decorativo romano moi desenvolvido no Oriente Próximo no S. VI de donde foi traido polos árabes e que podemos ver nos grandes alminares da Mezquita de Córdoba ou na Giralda así como nas torres mudéxares aragonesas.


Símiles con este mausoleo podémolos atopar na Gala Placidia de Rávena e nas arquerías de S. Vital tamén en Rávena. O aspecto clásico dos frontóns, dos capiteis e das molduras garantizan a súa procedencia bizantina. As arquerías son un legado de bizancio que será difundido polos árabes e pola arte carolinxia non só por Europa senón tamén polo norte de África desde o S.IX. Estos arcos presentan unha aduela forte e alta a maneira de cimacio, técnica sen dúbida mozárabe.
No seu interior a planta presenta unha cruz grega na que catro capelas son os brazos cuias paredes pechan en semicírculo. No pé desta cruz estaba a porta e a capela principal situábase na cabeceira. Todas tiñan seis columnas excepto a da cabeceira que tiña oito (hoxe desaparecidas). Só quedan os pares de columnas que daban entrada ás capelas.


A construcción da igrexa do mosteiro ao seu carón en 1728 veu a transformar a capela seriamente: abriuse unha porta hacia a nova igrexa na fachada occidental, desfixéronse os baldaquinos e modificáronse as bóvedas tratando de que o edificio tivera máis luminosidade e espazo tal e como se entendía no S.XVIII. A finais do S.XIX, o arquitecto revivalista Ernesto Korrodi, conscente da importancia deste mausoleo, procedeu a elaboración dun proxecto de restauración desafortunado.


Actualmente a súa entrada principal e pola igrexa setecentista a que se comunica por unha bóveda de canón. O seu espazo cuadrangular central está cuberto por unha torre rematada con cúpula hemiesférica. A cada brazo da cruz accédese por tres vanos baixo unha arquería de dúas columnas. Son arcos con cimacios de técnica mozárabe. Nos espazos dos brazos podemos ver os arranques das bóvedas que confirman a existencia dun baldaquino con cúpula en cada unha delas. Cada capela tiña unha construcción inspirada nas Fonte Vitae, tal e como acontecía na época carolinxía a partir de modelos de baptisterios paleocristiáns.


Hai dous capiteis corintios tardorromanos en mármore que foron reaproveitados. Outros capiteis continúan no friso feito en pedra calcárea de Coimbra (pedra de Ança). E un estilo xa visto na Mezquita de Córdoba.

(Texto elaborado a partir do estudo feito por Carlos Alberto Ferreira de Almeida no seu libro "O Românico". Editorial Presença.)

Cómo chegar

Esta igrexa está a 3 km do centro de Braga. Vindo desde Galicia pola A3 debemos entrar por donde pon "Braga Norte". Unha vez que nesa dirección estamos chegando a cidade xa nos atopamos un letreiro que dí: "S. Frutuoso de Montélios". Seguimos a súa indicación e moi perto chegamos a ela.
Closely together of the historical center of Braga one finds the chapel - mausoleum of S. Frutuoso, bishop of the above mentioned city in the 7th century and that had a great role in the life of the kingdom visigodo. Nowadays he is buried in Santiago after Diego Xelmírez was taking his relics secretly in 1102. This chapel - mausoleum is a singular work of typical Byzantine not already of the whole Portugal but of the Iberian Peninsula. It presents plant of Greek cross with equal arms and central tower with semispherical dome. Each of these arms presents tripartite eardrums in arch of horse-shoe that they rest in column couples all with decoration of leaves acanthus of Corinthian late type. Externally it shows a classicism in friezes and filets that represent ropes and flowers. The central tower has a cornice of Lombard type with arquillos of horse-shoe and angular others. The construction to his side in later times of S. Salvador's monastery did that it was remaining secret for a long time and seriously upset. It was in 1897 when the architect revivalista Ernesto Korrodi re-discovered it being submitted to a controversial plan of restoration in the 30s by another architect, Joao de Moura Countinho. It is a national monument from 1944.

Sta María de Gomariz (Leiro, Ourense)








Seguindo por terras de Leiro chegamos moi cerca a Gomariz donde xa podemos ver a súa igrexa desde lonxe na estrada que vai para O Carballiño. Tras deixar o coche e camiñar moi poucos metros por unha pequena costa entre vellas casas do pobo e subir por unhas escaleiras en pedra temos diante esta fermosa igrexa. Primeiro observamos a súa fachada atentamente e podemos ver os seus dous contrafortes que enmarcan a portada xa lixeiramente apuntada, indicándonos que estamos na segunda metade do século XII. Na portada vemos que está formada por dúas arquivoltas e que por riba hay un pequeno tejaroz que a súa vez divide a fachada en dúas partes. Observamos tamén os fermosos capiteis e columnas. Feito esto procedemos a percorrela no seu perímetro decatándonos que presenta nave única a que se lle engade un ábside rectangular no que se abre unha fermosa ventá. Feito esto procedemos a continuar o noso percorrido atopándonos cunha sorpresa ben triste. Non se sabe por qué nin por qué non pero alguén permitiu a construcción dun moderno cemiterio ao seu carón deixando un paso moi estreito que altera de forma notable o conxunto da igrexa. Mostra da pouca sensibilidade que temos co noso patrimonio e da falta de medidas efectivas que impidan semellantes desatinos.