tag:blogger.com,1999:blog-8984332614582419534.post8496590247656869980..comments2023-11-01T01:44:07.353-07:00Comments on O ROMÁNICO NA GALLAECIA: S. Xulián de Astureses (Boborás, Ourense)Xabierhttp://www.blogger.com/profile/13318779679216074386noreply@blogger.comBlogger4125tag:blogger.com,1999:blog-8984332614582419534.post-22256500519634847412010-10-30T10:54:06.729-07:002010-10-30T10:54:06.729-07:00Ola Gonzo, por suposto que podedes enlazar e levar...Ola Gonzo, por suposto que podedes enlazar e levar as fotos ao voso blog. Para o tema de Portugal aconsello facerse co libro "O Românico" Edit. Presença, de Carlos Alberto Ferreira de Almeida. Moi fácil de atopar. Posiblemente a persoa que mellor coñecía este estilo na outra bacia do Miño. Tiven ocasión de coñecelo uns anos antes da súa triste morte. Moitas das observacións que fago nas igrexas portuguesas, e incluso dalgunha galega, proceden da súa sabedoria.Xabierhttps://www.blogger.com/profile/13318779679216074386noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8984332614582419534.post-34079218555716879832010-10-30T02:42:41.496-07:002010-10-30T02:42:41.496-07:00Prezado Javier; Traballos coma o teu axudan a que ...Prezado Javier; Traballos coma o teu axudan a que os galego/as vaiamos abraiándonos co noso patrimonio artístico e coa nosa historia, no noso caso, blogs como o teu son unha ferramenta extraordinaria de traballo para a nosa metodoloxía de investigación. Dende a http://anosahistoria.blogspot.com/, queremos aproveitar para solicitarvos a utilización dalgunha das vosas fotos no noso blog, con enlace ao voso, por suposto. Máis nada, unha forte apertaGonzohttps://www.blogger.com/profile/12784827994494380606noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8984332614582419534.post-43273819692507859052010-10-27T11:48:20.541-07:002010-10-27T11:48:20.541-07:00Ola Gonzo
Moitas grazas polo teu comentario e a r...Ola Gonzo

Moitas grazas polo teu comentario e a riqueza da súa información. Como ben podes entender, o blog trata de facer un sinxelo achegamento a todo este patrimonio as veces mal coñecido. Non pretende ser unha especie de enciclopedia polo que, coma tantas veces acontece na internet, a imaxen prevalece sobre a información a pesar de dispor da mesma. Só nalgúns casos de persoal interese extendinme un pouco máis nas explicacións. Aínda teño pendente a visita a alguhnas igrexas máis que espero visitar en canto me sexa posible.

Un saúdoXabierhttps://www.blogger.com/profile/13318779679216074386noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8984332614582419534.post-38619856306940951482010-10-22T11:50:09.840-07:002010-10-22T11:50:09.840-07:00Estimado Javier, antes de nada, darte a noraboa po...Estimado Javier, antes de nada, darte a noraboa por este regalo cultural que colgas na rede, por otra parte, dicirche que esta abraiante igrexa de Astureses é templaria non só polos símbolos da porta norte, senón que Carlos Pereira, estudioso do Temple en Galicia así o mantén:
San Xulián de Astureses, no concello de Boborás, parece que pertenceu primeiro ós templarios
e logo da desaparición da Orde foi incorporada á Orde de San Xoán. Non imos facer
unha descrición da igrexa; só mencionar que, aparte de diversas cruces de tipo templario,
consérvase unha inscrición que di:
OBIIT : FRAT : IOHES : PET :
DOUTEIRO : SUB : ERA :
M : CCC : XX: IIII: III: NO
NAS : AUGUSTI :
Este lugar, Outeiro, pertence á parroquia de Astureses.
Samuel Eiján contradí a Vázquez Núñez, xa que afirma que existe documentación que relaciona
Astureses coa Orde do Santo Sepulcro, pero, dado que esta é do século XV, admite a
posibilidade de que pasara, logo da disolución do Temple, ós sepulcristas.http://www.estudioshistoricos.com/revista/nalgures3.pdf. Sen máis unha forte aperta, e grazas polo teu traballo.Gonzohttps://www.blogger.com/profile/12784827994494380606noreply@blogger.com